🔥 Activo un incendio forestal na parroquia de Pombeiro, no concello de Pantón (Lugo), que obriga a decretar a Situación 2 de emerxencia pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Lornís. Medio Rural informa de que o incendio comezou ás 14.16 horas deste xoves e "segundo as primeiras estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas". Mobilizáronse, segundo traslada a Xunta, "tres técnicos, nove axentes, doce brigadas, dez motobombas, dous PAS, oito helicópteros e oito avións". Foto: ATBrif.
👉🏻 O 11% da superficie da Rede Natura foi arrasada polos incendios de agosto en Galicia
👉🏻 A Xunta ten aparcada hai cinco anos unha nova lei contra incendios
👉🏻 Seguen graves os bombeiros forestais feridos no incendio que aínda arde en Barreiros