🇵🇸 Ana Peleteiro reclama que o atletismo non "permaneza en silencio" ante o xenocidio do pobo palestino. A atleta ribeirense manifesta a súa "profunda decepción" co "silencio" que se está a producir no Campionato do Mundo de Atletismo, un deporte que "ten a capacidade de inspirar a millóns de persoas", a respecto da "violencia e as violacións de dereitos humanos" que se están a producir na Franxa de Gaza por parte do Estado de Israel. Peleteiro chama aos seus compañeiros e compañeiras, así como ás "institucións que nos representan", a "erguer a voz". "O silencio non pode ser unha opción cando se trata de vidas humanas", conclúe.
👉🏻 As masivas protestas contra o equipo Israel obrigan a recortar o final de etapa da Vuelta
HEMEROTECA | "Se vos identificades con estes sinais, saíde correndo": Ana Peleteiro comparte a violencia machista que sufriu
HEMEROTECA | Ana Peleteiro entra en escena co obxectivo de acadar outra medalla