O TSXG confirma a condena de 22 anos de cárcere para José Eirín polo asasinato de Jessica Méndez, de 29 anos, no concello de Barro en marzo de 2022. A xustiza considera probado que o home empregou o seu vehículo como arma do crime e chocou intencionadamente coa muller, que agardaba para incorporarse á N-550 desde unha estrada secundaria. Na sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, ratificada agora polo alto tribunal, que desestima todos os recursos da defensa do acusado, sinálase que "foi a indiferenza" da vítima cara ao seu asasino, "unida ao feito de vir tal indiferenza dunha muller", o que determinou a decisión deste de dirixir o seu vehículo contra o conducido pola muller, "impactando violentamente contra el". A sentenza non é firme, pode recorrerse no Supremo. [📸 CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo]