Os tres últimos anos foron os máis calorosos desde que se teñen rexistros. Un informe da Organizacion Meteorolóxica Mundial advirte que todos os meses entre xuño de 2023 e agosto de 2025 rexistraron temperaturas récord agás febreiro deste ano.
Os tres últimos anos foron os máis calorosos desde que se teñen rexistros. Un informe da Organizacion Meteorolóxica Mundial advirte que todos os meses entre xuño de 2023 e agosto de 2025 rexistraron temperaturas récord agás febreiro deste ano.
Dimite o director do Museo do Pobo Galego, Lois Ladra, tras trece meses no cargo. Dende a institución confirman a Praza.gal que foi o antropólogo e arqueólogo quen solicitou o seu cese "alegando a imposibilidade de implementar o programa de actuación presentado para o seu desenvolvemento, en canto non podía ser dotado dos recursos suficientes para levalo adiante". O Padroado do Museo do Pobo xa aceptou a súa saída, e ata a asemblea que celebren no mes de decembro a dirección queda temporalmente a cargo da Comisión Permanente do Consello de Goberno. [📸 Lois Ladra na inauguración dunha exposición no Museo do Pobo Galego este ano CC-BY-SA MPG]
Preacordo para descentralizar a carreira de Medicina. Reitores das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo e mais a Xunta anuncian o bosquexo dun pacto que deixaría en suspenso os plans das institucións coruñesa e viguesa de implantar títulos de seu. Máis información, hoxe en Praza.gal. Na imaxe, a Facultade de Medicina da USC.
Varios xornalistas, entre eles o galego José Precedo, adxunto á dirección de elDiario.es -na imaxe-, declaran no xuízo no Supremo contra o fiscal xeral do Estado que coñecían o correo coa confesión da presunta fraude do mozo de Ayuso antes que o propio Álvaro García Ortiz, acusado de filtralo. Imaxe do sinal institucional do Tribunal.
Feijóo defende que "debería estar tipificado" que "un político incremente un 40% a débeda pública" tras aumentar a galega un 176% nos seus anos na presidencia (de 4.282 a 11.823 millóns) en importe e un 133% (do 7,5% ao 17,5%) no seu peso sobre o PIB de Galicia, segundo os datos oficiais do Banco de España. "Marcha do Goberno e o que chega ten que pagar o que o outro non pagou", sostén o actual líder estatal do PP.
En 2026 os Orzamentos Xerais do Goberno galego prevén destinar 1.858,59 millóns a atender a débeda. É un 5,39% máis que o ano anterior.
As dúas proposicións aprobadas polo pleno do Parlamento desta semana son, coma o 80% no que vai de ano, peticións ao Goberno de España. Ambas formuladas polo PP, reclaman o desbloqueo do traspaso da AP-9 e reformar a lexislación estatal en materia de refugallos. As presentadas por BNG (que reclamaban á Xunta máis prazas para o mestrado universitario de profesorado e unha "estratexia galega de adquisición pública de vivenda) e PSdeG (a prol de "políticas de xestión forestal adaptadas ao cambio climático" e sobre accións para "favorecer a remuda xeracional" nas explotacións agrogandeiras) foron rexeitadas.
CIG, UGT e CC.OO. proporán folga de autobuses na provincia da Coruña en decembro "en resposta á parálise na negociación do convenio colectivo" durante "cinco anos". As tres centrais sindicais dispóñense a trasladar a proposta ás asembleas de persoal e convocan unha primeira manifestación para o 10 de novembro dende a estación de autobuses coruñesa. Os sindicatos instan a Xunta a que, "como titular dos contratos de transporte, interveña e inste a patronal a unha negociación real" para "evitar a folga nun servizo público que cada día usan milleiros de persoas".
Zohran Mamdani gaña a alcaldía de Nova York con arredor do 50% dos votos definíndose como "socialista democrático" e cun programa baseado na accesibilidade da vivenda e a mellora dos servizos públicos. Imaxe divulgada pola súa campaña nas redes sociais.
BNG e PSdeG denuncian que o PP alíase coa extrema dereita para impedir o debate na UE sobre Altri ou a "manipulación informativa na TVG". Os eurodeputados Ana Miranda e Nicolás G. Casares denuncian que os populares "boicotean" estes debates na Comisión de Peticións.
Tres empresarios residentes en Galicia, entre as cinco persoas máis ricas de España, segundo a última Lista Forbes. Amancio Ortega e a súa filla Sandra son as dúas máis ricas do Estado, mentres que Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, sitúase no quinto posto logo de que a súa fortuna se revalorizase en máis de 2.000 millóns de euros.