Case 13.000 estudantes inician este martes as probas de acceso á universidade en Galicia. Son, en concreto, 12.946 as persoas matriculadas na selectividade, que realizan os seus exames en 35 centros distribuídos por dez localidades galegas: as sete principais cidades e mais Viveiro, a Rúa e Cee. Accede aquí ao mapa interactivo para consultares o detalle de cada localidade.