📺 Denunciado o patrón dun arrastreiro galego por capturar 18 delfíns e catro peixes espada. A Garda Civil iniciou a investigación tras a publicación dun vídeo da entidade ecoloxista Sea Shepherd.
Fálase
O Congreso aproba o plan do Goberno de España para afrontar os aranceis dos EUA por maioría absoluta malia ao "non" do PP e Vox. As medidas contaron co apoio das dúas forzas que conforman o Goberno de España, PSOE e Sumar, e do groso de formacións que apoiaron a Pedro Sánchez na investidura, entre elas o BNG, ata un total de 176 votos a prol entre os que non estiveron os de Podemos, que optou pola abstención. Na imaxe, o ministro de Economía, Carlos Cuerpo, defendendo o proxecto. [© Congreso]
- HEMEROTECA | Trump sinala a cota para o galego no audiovisual como unha das razóns para impor aranceis a España
- HEMEROTECA | Os aranceis de Trump terán un impacto "masivo" nas exportacións europeas de 380.000 millóns
- HEMEROTECA | Os aranceis do 25% anunciados por Trump custarían 200 millóns ás empresas galegas, segundo a Xunta
- HEMEROTECA | "As fracturas na UE veranse agravadas con Trump, dando pulo ao populismo ultraconservador"
Segunda fumeira negra na elección do novo papa. Pouco antes do mediodía deste xoves o fume negro informou de que os 133 cardeais electores pechados na Capela Sistina non chegaron aínda a unha decisión sobre quen sucederá a Francisco. Desde este xoves haberá catro votacións diarias ata acadar cando menos dous terzos do total, isto é, un mínimo de 89 votos favorables a un candidato.
Jácome anuncia o rexistro dunhas "novas siglas de partido" para "concorrer a comicios supramunicipais". A través dunha mensaxe nas redes sociais, o alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana asegura que esta será unha nova formación "confederada a DO". O rexistro formalizouse o pasado abril, agrega amosando unha fotografía na que aparece canda Armando Ojea, deputado de DO no Parlamento, e Susana Gómez, xefa do gabinete da alcaldía ourensá. Actualmente, alén do consistorio ourensán DO ten representación no Concello de Barbadás cun concelleiro e na Cámara galega, co devandito parlamentario.
- HEMEROTECA | Democracia Ourensana estréase no control a Rueda cun perfil baixo que lle permite publicitar medidas da Xunta
- HEMEROTECA | Jácome substitúe as roldas de prensa por emisións dende o salón de plenos na súa televisión privada
- HEMEROTECA | O xuízo ao senador Baltar e o lonxe que queda Ourense
- 🔊PODCAST | Fálase - Anatomía do de Ourense
Fumata negra na primeira votación para elixir un novo papa. Ás nove en punto da noite o fume negro informou de que os 133 cardeais electores pechados na Capela Sistina non chegaron aínda a unha decisión sobre quen sucederá a Francisco. A partir de agora haberá catro votacións diarias ata acadar cando menos dous terzos do total, isto é, un mínimo de 89 votos favorables a un candidato. Na imaxe, de Vatican News, o peche das portas da capela, o coñecido "extra omnes".
Principia o conclave do que sairá o 267º papa da Igrexa Católica. Dende as 16:30 deste mércores os 133 cardeais electores, os menores de 80 anos, péchanse na Capela Sistina para abordaren unha elección na que esta mesma tarde se celebra a primeira votación e de, aí en diante, catro diarias ata acadar cando menos dous terzos do total, isto é, un mínimo de 89 votos favorables a un candidato. [Imaxe: retransmisión Vatican News]
"Sempre sanidade pública": a deputada do PSdeG Silvia Longueira agradece o labor do CHUAC no seu retorno ao Parlamento tras o seu tratamento de cancro. A parlamentaria trasladou este agradecemento durante a súa primeira intervención no pleno que se está a desenvolver na Cámara. O seu partido transmite "felicidade" por "tela recuperada logo de darnos un exemplo de esforzo, de loita e de resistancia". "Grazas ao traballo da sanidade pública", agrega a formación que encabeza José Ramón Gómez Besteiro.
- HEMEROTECA | O 66% dos tumores de mama detéctanse en estadios iniciais grazas ao cribado do Sergas
- HEMEROTECA | "O cancro non espera": pacientes de Oncoloxía do CHUS denuncian os continuos atrasos nos tratamentos e revisións
- HEMEROTECA | Radiografía do cancro en Galicia: colorrectal, pulmón e próstata, os máis habituais, e os homes os máis afectados
- HEMEROTECA | A prevención do cancro pasa por atender a inflamación: unha viguesa demostra a súa relación coa agresividade dos tumores
Dous maxistrados da Audiencia da Coruña apártanse dos recursos contra a sentenza de Angrois porque interviñeron xa no caso durante a instrución. Ángel Pantín Reigada e José Gómez Rey emitiron diversos autos durante a investigación do accidente polo que agora non poderán revisar a condena ao maquinista e o cargo de Adif. Diversas partes xa daban por descontada esta abstención, que podería demorar aínda máis a resolución pola necesidade dos novos maxistrados ou maxistradas de estudar a fondo un caso tan complexo.
O Consello de Ministros aproba a lei para reducir a xornada laboral a 37 horas e media semanais e remítea ao Congreso, onde o Goberno de España terá que procurar votos para sacala adiante. "Trátase de baixar a xornada por lei para que este dereito chegue onde a negociación colectiva non chega, como camareiros cuxa xornada media é de 39,4 horas; caixeiras e dependentas que traballan máis de 39 horas ou agricultores e persoas coidadoras, con 38,6 horas", sinala a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Esta aprobación en segunda volta do Consello de Ministros completa o trámite iniciado co anteproxecto da lei o pasado febreiro. [Imaxe: Ministerio de Traballo]
- HEMEROTECA | O Goberno de España dá o primeiro paso para reducir xornada laboral a 37 horas e media
- HEMEROTECA | O traballo na hostalaría segue por riba das 40 horas semanais malia unha década de diminución
- HEMEROTECA | Non só tentar conciliar: o "dereito ao tempo" entra na axenda
- HEMEROTECA | Malabares laborais nun mundo "adultocéntrico": "A conciliación é unha gran mentira"
Varios centos de militares participan en exercicios de defensa antiaérea en Galicia e no océano Atlántico. Desde hoxe e ata o 9 de maio, a actividade Eagle Eye 25-02 busca mellorar a eficiencia conxunta dos exércitos de Aire, Terra e da Armada no sistema de defensa aérea de España, segundo o Ministerio de Defensa. Foto: Ministerio de Defensa