O Ministerio de Transportes saca a exposición pública o primeiro treito da autovía da Mariña (A-74), 9,2 quilómetros entre Foz e Burela que custarán 126 millóns de euros. Os treitos inicial e final desa nova autovía, entre a A-8 e Foz e entre Burela e San Cibrao, están en fases previas de tramitación, mentres que a continuidade desta autovía estatal desde San Cibrao ata Ferrol, competencia da Xunta, foi rebaixada a arranxos da estrada actual. O trámite hoxe realizado foi avanzado o pasado venres pola ministra de Transportes.
