O paro rexistrado descendeu en 472 persoas no mes de novembro en Galicia, ata as 121.742 persoas na procura de emprego; no conxunto do Estado cae en máis de 16 mil e acada o nivel máis baixo dende 2007. Porén, o número de afiliacións (persoas con emprego) descendeu en 2.255 (un 0,21%) por mor da caída da actividade na hostalaría
Fálase
🏳️🌈O Tribunal Supremo avala a colocación da bandeira LGBTI+ en edificios públicos no Día do Orgullo por non ser un símbolo partidista nin "subordinar" as bandeiras oficiais. O alto tribunal asenta así a doutrina ao respecto tras litixios iniciados por organizacións ultradereitistas. Na imaxe, a bandeira do arco da vella no Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, o pasado xuño.
A Xunta envía ao Parlamento a nova lei da CRTVG, que permitirá remudar o director xeral só cos votos do PP. O máximo responsable da corporación será escollido a "triple volta" e se non acada a maioría reforzada do Parlamento por dous terzos ou tres quintos, será dabondo coa maioría absoluta que ostentan actualmente os populares. Para o resto do consello de administración seguirán sendo precisos dous terzos ou tres quintos da Cámara. Alfonso Rueda asegura tras o Consello da Xunta que deu o visto e prace á norma que incorporou "diversas achegas" ao anteproxecto en áreas como "alfabetización dixital" ou "compromiso coa lingua galega".
- AMPLIAMOS 👉 O PP poderá remudar o director da CRTVG só cos seus votos na primeira metade de 2025
- Unha marcha en defensa da pluralidade dos medios públicos chama a cidadanía a "liberar a CRTVG"
- A nova lei galega de medios públicos xa figura entre os riscos para a liberdade de prensa en Europa
- A desconexión gobernamental da CRTVG, desactivada tras trece anos no conxelador
O CEO de Stellantis marcha de imprevisto por "diferentes puntos de vista" co consello do grupo automobilístico. A nova da súa dimisión coñeceuse na noite deste domingo a través dun comunicado da empresa, tan só seis días despois de reunirse con Pedro Sánchez na Moncloa [📸 Pool Moncloa / Fernando Calvo].
27 xornadas de folga indefinida na Radio Galega e na TVG. O persoal mobilizado da CRTVG impediu este domingo a emisión do programa 'En Xogo' na Televisión de Galicia polos paros convocados esta fin de semana, na que unha manifestación reclamando a independencia e pluralidade do ente público. Traballadoras e traballadores volven parar este luns. [📸 A redacción baleira pola folga este domingo CC-BY-SA CUT CRTVG]
Ana Pontón revalida o liderado do BNG tras lograr a súa candidatura o 84,14% dos votos na asemblea nacional. A lista O BNG en Movemento, encabezada por Noa Presas, obtén un 12,35% de apoio e a candidatura Alicerce, con Gustavo Barcia á fronte, un 3,51%.
Pedro Sánchez é reelixido secretario xeral do PSOE co apoio do 90% dos delegados e delegadas no Congreso da formación, que se pechou este domingo en Sevilla. O presidente do Goberno anuncia a creación dunha "grande empresa pública de vivienda", comunica a súa intención de presentarse á reelección e sitúa como primeira prioridade as eleccións locais e autonómicas de 2027, co obxectivo de recuperar o poder territorial perdido ante PP e VOX. O PSdeG gaña representación, con cinco postos na Executiva (Abel Caballero, César Mogo, Inés Rey, Enma López e Manuel García Salgado) e sete no Comité Federal (José Ramón Gómez Besteiro, Valentín González Formoso, Carmela Silva, José Tomé, Patricia Otero, Marga Martín e Marta Álvarez-Santullano)
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) gaña o XLIII Premio de Novela Blanco Amor con As obras póstumas. O xurado destacou a prosa “directa, rica e cargada de simbolismo” da novela, que trata a historia dunha escritora que ante a diagnose de demencia reflexiona sobre a vida e o seu traballo. O galardón, o máis veterano da literatura galega, organizado pola Fundación Eduardo Blanco-Amor coa colaboración da Deputación de Ourense, está dotado con 15.000 euros e a publicación da novela na editorial escollida polo gañaror
Está a piques de comezar no Pazo de Congresos de Santiago a XVIII Asemblea Nacional do BNG baixo o lema ‘Coa túa forza, Galiza gaña’. Ás 10.30 a portavoz nacional, Ana Pontón, dará o discurso de apertura, e ás 18.30 a asemblea pecharase co discurso de clausura. As e os militantes da formación nacionalista escollerán entre tres candidaturas para dar forma aos novos Consello e Executiva Nacional, ademais de valorar o relatorio político presentado polo Consello saínte.
Este domingo péchase o Culturgal cunha intensa xornada na que destacan a presenza de Manuel Rivas, a presentación de A gran final. Contos e contas do fútbol galego, a estrea da cuarta e última entrega do espectáculo A nena e o grilo, o camiño das cores e o acto Somos pandereteiras, coa vista posta no vindeiro Día das Letras, no que Bouba pandereteiras, Ana Romaní, María Reimóndez, Susana S. Arins, Andrea Nunes Brións e Mercedes Peón conversarán con Selina Otero.
Este sábado máis de 700 persoas gozaron da Ultranoite Cultureta de Chévere, nunha xornada que tamén tivo a música de Caamaño&Ameixeiras e Pava, a poesía de Olga Novo ou a proxección de As Neves e a representación de Reconversión