Máis de 20 Estados, incluído España, exixen o final inmediato da guerra en Gaza. Os ministros de Exteriores de Reino Unido, Francia, Canadá, Italia, Australia ou Noruega, entre outros, reclaman que a violencia "remate xa". Foto: CC-BY-SA Al Araby

Máis de 20 Estados, incluído España, exixen o final inmediato da guerra en Gaza. Os ministros de Exteriores de Reino Unido, Francia, Canadá, Italia, Australia ou Noruega, entre outros, reclaman que a violencia "remate xa". Foto: CC-BY-SA Al Araby
Jácome logra aprobar os primeiros orzamentos do Concello de Ourense dende 2020 grazas á abstención do PP. As contas ourensás para 2025, que ascenden a 116 millóns de euros, recibiron a aprobación inicial do pleno co voto a prol de Democracia Ourensana, a devandita abstención popular e o "non" de PSdeG e BNG.
Rueda defende que non asinou a carta pola oficialidade do galego na UE canda os seus homólogos vasco e catalán porque a reclamación responde a unha "urxencia" de Pedro Sánchez. Preguntado ao respecto tras o Consello deste luns, o presidente da Xunta asegura que hai "outras prioridades máis urxentes" a respecto das linguas oficiais que o Goberno de España non financia e que serían "máis efectivas" que "traducir documentos administrativos que pouca xente vai ler a nivel europeo". Afirma, asemade, que tomou a decisión de desmarcarse sen consultar con Feijóo. Na imaxe, Rueda este luns en San Caetano, tras o Consello. [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
A Xunta aproba a declaración como Ben de Interese Cultural o edificio do Museo Carlos Maside e a colección que custodia. O expediente para esta declaración BIC estaba a piques de caducar. O Museo está situado no complexo do Castro, en Sada, nun edificio deseñado por Andrés Fernández Albalat que acolle obras de Castelao, Seoane, Mallo, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís, Llorens e o propio Maside, entre outros moitos.
Marcial Dorado reitera que a súa amizade con Feijóo durou dende que dirixía o Sergas ata 2002, cando levaba seis anos como alto cargo do Goberno Aznar. Nunha entrevista con El Confidencial nega ser narcotraficante, mantén que recorrerá a súa condena ao respecto e asegura que cargos do PSOE e do PP lle ofreceron cartos ou vantaxes para revelar datos sobre os seus vencellos co ex-presidente da Xunta en vésperas das eleccións xerais de 2023. Na imaxe, recorte da capa de El País en 2013, cando o xornal publicou varias fotografías tomadas durante actividades de lecer compartidas por ambos.
San Simón lembra as vítimas do franquismo e clama contra os fascismos actuais. A illa de San Simón (Redondela) foi un ano máis testemuña das reivindicacións dos colectivos da memoria histórica de Galicia, agrupados na coordinadora Iniciativa Galega pola Memoria. No acto tamén se alertou contra os fascismos de hoxe en día e defendeuse a Palestina libre.
O BNG alerta dun “novo borrado da memoria colectiva” se o PP non cumpre coa declaración do Museo Carlos Maside como BIC. O prazo para resolver o expediente iniciado hai dous anos remata o 1 de agosto e a Xunta “non fixo absolutamente nada”, advirte Mercedes Queixas, portavoz de Cultura do BNG no Parlamento
Os premios Rosalía de Castro recoñecen o labor de Xosé Ramón Freixeiro, Ponte nas ondas!, CeibaRimas e Galego para peques. A Deputación da Coruña fixo entrega este venres do XVI Premio Rosalía de Castro, convocado pola área de lingua da entidade provincial para recoñecer iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega.
A UE volve adiar a oficialidade do galego, o catalán e o vasco na UE. Varios Estados volven amosar as súas dúbidas e rexeitan pronunciarse sobre a petición do Goberno de España, que pediu aos 17 "non secuestrar ou atrasar innecesariamente" a decisión. Máis información, esta mañá en Praza.gal. Foto: © European Union
👉AMPLIAMOS | España ve motivos políticos e "discriminación" na nova demora á oficialidade do galego na UE
A Fiscalía recorre ante o Supremo a absolución do acusado como cómplice no asasinato de Samuel Luiz e pide a súa condena. O TSXG absolvera o home, que fora condenado nun primeiro momento pola Audiencia Provincial.