Xunta e PP cancelan a asistencia dos seus cargos á celebración do 'Día do Veciño' que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo porque a entidade incluíu o ministro de Transportes, Óscar Puente, entre a vintena de persoas homenaxeadas nesta edición. A dirección provincial do partido anunciou a primeiras horas da mañá que os seus representantes orgánicos non acudirían e, unhas tres horas despois, a Xunta suspendeu a presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, -que tamén ía ser premiada no acto- e do seu delegado en Lugo, Javier Arias. Na imaxe, presentación dos actos, que si contarán con presenza institucional do ámbito local e estatal.
- HEMEROTECA | Puente, Calvo... De quen son estes colapsos no transporte?
- HEMEROTECA | Cando Feijóo prometeu pagar o AVE a Lugo