Falece Marta Souto, directora xeral para o Deporte no Goberno de coalición de PSdeG e BNG entre 2007 e 2009 dentro da Consellería de Cultura, que dirixía o Bloque e da que fora delegada provincial. Souto, de 60 anos, foi responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, unha das fundadoras da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL). Moi querida no ámbito do deporte de Vigo e da súa contorna, foi unha forte impulsora do deporte feminino e das seleccións galegas. Na imaxe, nunha intervención pública na súa etapa na Xunta.
