O persoal do Concello de Ourense vai á folga xeral. A asemblea celebrada o pasado serán acordou por unanimidade convocar paros xerais nos servizos municipais ourensáns para o 31 de outubro e o 4 de novembro, alén de continuar coas concentracións que xa tiñan programadas para este mes por, entre outros motivos, a política de persoal do Goberno de Jácome. "Estamos a vivir unha situación ditatorial onde a imposición, a chantaxe, as humillacións e o desprezo cara os empregados e empregadas son constantes e cotiás", afirman. O alcalde, pola súa banda, atribúelles a intención de "ampliar a cinco días a ponte de novembro" e "deixar sen persoal o cemiterio o Día de Todos os Santos". Na imaxe, concentración na Praza Maior, ante a casa do Concello [Imaxe: PSdeG Ourense]
- HEMEROTECA | Rueda deixa a moción de censura en Ourense en mans dos seus edís e afea "liñas vermellas" do BNG co PP
- HEMEROTECA | O xulgado anula o cesamento do interventor de Ourense e ve probado acoso laboral de Jácome
- HEMEROTECA | O acordo PP-PSdeG e a promesa de Rueda que romperon os populares para volver pactar con Jácome