A presidenta da Comisión Europea aposta por estender o modelo de centros de deportación de migrantes en países fóra da UE implantado pola ultradereitista Meloni dende Italia. Unha quincena de Estados apoian a iniciativa de Von der Leyen, pero outros coma o Goberno de España rexéitano. O pasado setembro o ex-presidente Feijóo eloxiou a política migratoria da primeira ministra italiana e o presidente Rueda secundouno. [Imaxe: © Comisión Europea]
- HEMEROTECA | O que me gusta de Meloni e traballar dez horas diarias
- HEMEROTECA | "O que me gusta de Meloni é que ten unha política migratoria, as medidas concretas non entro a enxuizalas", di Rueda
- HEMEROTECA | Frío, soidade e ganas de traballar: os días ao sol que non quenta de Mamadou, Amadou e Abudu
- HEMEROTECA | Menores migrantes acollidos en Galicia: poucos e co traballo como prioridade
