O Concello de Neda retirou este mércores a Cruz dos Caídos construída en 1939 en homenaxe ás tropas franquistas. A retirada, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática, agardou á chegada dun informe elaborado polos historiadores Xosé Manuel Suárez, Bernardo Maiz e Eliseo Fernández, que acredita que se trata dun monumento de exaltación da sublevación militar e da ditadura franquista.
