A Xunta autoriza ambientalmente aumentar a balsa de lodos de Alcoa. Así o vén de comunicar a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, que di que é "vital para que a planta poida continuar coa súa actividade".

A Xunta autoriza ambientalmente aumentar a balsa de lodos de Alcoa. Así o vén de comunicar a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, que di que é "vital para que a planta poida continuar coa súa actividade".
O persoal do Concello de Ourense vai á folga xeral. A asemblea celebrada o pasado serán acordou por unanimidade convocar paros xerais nos servizos municipais ourensáns para o 31 de outubro e o 4 de novembro, alén de continuar coas concentracións que xa tiñan programadas para este mes por, entre outros motivos, a política de persoal do Goberno de Jácome. "Estamos a vivir unha situación ditatorial onde a imposición, a chantaxe, as humillacións e o desprezo cara os empregados e empregadas son constantes e cotiás", afirman. O alcalde, pola súa banda, atribúelles a intención de "ampliar a cinco días a ponte de novembro" e "deixar sen persoal o cemiterio o Día de Todos os Santos". Na imaxe, concentración na Praza Maior, ante a casa do Concello [Imaxe: PSdeG Ourense]
O Concello de Neda retirou este mércores a Cruz dos Caídos construída en 1939 en homenaxe ás tropas franquistas. A retirada, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática, agardou á chegada dun informe elaborado polos historiadores Xosé Manuel Suárez, Bernardo Maiz e Eliseo Fernández, que acredita que se trata dun monumento de exaltación da sublevación militar e da ditadura franquista.
Renfe mellora unha das 11 conexións diarias Galicia-Madrid substituíndo un tren Alvia por un AVE con máis capacidade e menos tempo de viaxe. Coa mudanza pasa a haber a diario 5 servizos AVE (3 con trens Avril que conectan coa Galicia atlántica e 2 que rematan en Ourense), 5 Alvia e 1 Avlo de baixo custo.
A presidenta da Comisión Europea aposta por estender o modelo de centros de deportación de migrantes en países fóra da UE implantado pola ultradereitista Meloni dende Italia. Unha quincena de Estados apoian a iniciativa de Von der Leyen, pero outros coma o Goberno de España rexéitano. O pasado setembro o ex-presidente Feijóo eloxiou a política migratoria da primeira ministra italiana e o presidente Rueda secundouno. [Imaxe: © Comisión Europea]
O xurado popular para o xuízo do crime de Samuel Luiz comezará este mércores a avaliar os feitos que sucederon na madrugada do 3 de xullo de 2021 e as defensas das cinco persoas acusadas. A Audiencia Provincial da Coruña acolleu este martes o inicio do xuízo, que se demorará un mes, no que participan a Fiscalía, a familia da vítima como acusación particular, a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual ALAS A Coruña como acusación popular e as defensas. [📸Mobilización en repulsa polo asasinato de Samuel Luiz, o 5 de xullo de 2021 © Concello da Coruña]
PuntoGal reivindica no Parlamento o papel do dominio como "carné de identidade" galego en internet no seu décimo aniversario. Unha representación da entidade xestora do dominio galego encabezada polo seu presidente, Manuel González, visitou este martes a Cámara, onde foi recibida polo presidente da institución, Miguel Santalices, e representantes de todos os grupos. González subliñou a vontade de PuntoGal para "xerar beneficios que, aínda que modestos, son necesarios para o fomento das tecnoloxías en Galicia e da normalización da nosa lingua". Neste sentido, advertiu dos "preocupantes" datos divulgados polo IGE sobre "a deriva do uso social do galego", que "non deben servir só para a reflexión senón para desencadear un conxunto de actuacións inmediatas dos poderes públicos". [Imaxe: © PuntoGal]
O arqueólogo Alfredo González-Ruibal (@GuerraenlaUni), do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Santiago, Premio Nacional de Ensaio por Tierra arrasada, un viaje por la violencia del Paleolítico al siglo XXI (Crítica).
Eduardo Zaplana, ex-ministro de Aznar, é condenado a 10 anos por subornos na adxudicación das ITV cando era presidente da Generalitat Valenciana. [Imaxe: Generalitat Valenciana]
O Diario Oficial de Galicia publica a asignación da última convocatoria de axudas para "empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego". Distribúen 200.000 euros a 32 cabeceiras editadas por unha vintena de empresas.