Profesionais dos medios de comunicación públicos levan a folga ata o Parlamento, instalando unha 'capela ardente' mentres se celebraba a comisión de control á CRTVG no interior do Pazo do Hórreo. No sexto día da folga, xa indefinida, volveron interromper a emisión en directo na TVG e insisten en denunciar a "inacción ante a morte programada" da CRTVG. Este venres lembraron programas "desaparecidos" como 'Alalá', 'Miraxes', 'A Revista', 'Sala 5', 'Estudio 3', 'Convivir' ou 'Atmosféricos', que –segundo os manifestantes concentrados diante da Cámara– "a cidadanía galega debería chorar e intentar recuperar". [📸 CC-BY-SA Comité Intercentros CRTVG Montaxe: Praza.gal]
- Folga indefinida na CRTVG: un "punto de inflexión" para o persoal, que reclama máis apoio social
- A folga na CRTVG volve interromper a emisión ao vivo e o comité acusa a dirección de tentar "rebentala"
- O comité de folga da CRTVG insta a rachar coa "espiral de silencio que impera no sistema mediático galego"