As galegas Verónica Bolón e Cristina Blanco, da Universidade da Coruña, e Beatriz Pelaz, da Universidade de Santiago, entre as galardoadas nos Premios Nacionais de Investigación para Mozos e Mozas, que entrega o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o recoñecemento máis importante de España no ámbito da investigación científica.
Bolón, galardoada na modalidade María Andresa Casamayor, é profesora Titular da UDC no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e investigadora no CITIC. Blanco, que recibe o premio na modalidade María Moliner, é investigadora Distinguida Sénior na Facultade de Socioloxía. Pelaz, que o recibe na modalidade Felisa Martín Bravo, é profesora e investigadora do Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC
