Águeda Gómez, profesora de Socioloxía da Universidade de Vigo, no grupo científico que incorpora o Goberno de España para "reforzar o deseño das políticas públicas". Gómez dirixe a Cátedra Feminismos 4.0 da Uvigo e asesorará ao Ministerio de Igualdade, departamento ao que achegará o seu coñecemento en materias coma os nesgos de xénero na tecnoloxía, que abordou recentemente no volume colectivo Hackeamos o patriarcado. As súas investigacións abordan tamén "o sistema prostitucional e as fendas de xénero na academia". Este martes Pedro Sánchez recibiu na Moncloa as 22 persoas que compoñen este grupo de asesoría científica, cuxa composición íntegra se pode consultar nesta ligazón. [Imaxe: © Pool Moncloa/Fernando Calvo]
