A Xunta suprime o veto aos encontros de non conviventes de madrugada, que aínda permanecía do xoves ao remate da semana, e estende o horario de apertura de bares e restaurantes (ata a 1h entre semana, ata a 1:30 nas fins de semana) e de pubs e discotecas (ata as 4h entre semana, ata as 5h nas fins de semana). Sanidade avanza ademais que as barras dos locais hostaleiros poderán volver ser utilizadas e os concertos e espectáculos co público en pé pódense volver celebrar.
