O alcalde de Verín, condenado a dous anos de cadea e un de inhabilitación para promover obras por traballos municipais a carón dunha igrexa sen licenza nin permiso de Patrimonio. A Audiencia de Ourense sentencia que o socialista Gerardo Seoane cometeu un delito contra a ordenación do territorio e absólveo de prevaricación urbanística. A Fiscalía pedía para o rexedor, arquitecto de profesión, 3 anos de cadea por cada delito que lle atribuía, 3 anos de inhabilitación como promotor e 12 como cargo público.
