A Xunta Electoral Central responde a RTVE que non ten "competencia" para prohibir a emisión dun anuncio electoral da Falange no que se escoita o Cara el Sol. O medio público do Estado consultou se o anuncio vulnera a Lei de Memoria Democrática.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/falange-30a406a.jpeg)
A Xunta Electoral Central responde a RTVE que non ten "competencia" para prohibir a emisión dun anuncio electoral da Falange no que se escoita o Cara el Sol. O medio público do Estado consultou se o anuncio vulnera a Lei de Memoria Democrática.
Veciñanza e colectivos ecoloxistas simulan o enterro dos recursos pesqueiros da ría de Muros e Noia tras o visto bo da Xunta a que a mina de San Finx (no Concello de Lousame) evacúe as súas augas residuais ao río Pesqueiras. Convocadas pola plataforma de afectados pola mina de San Fin este sábado, centos de persoas reclamaron o Goberno galego que retire a súa autorización polo potencial "catastrófico" da operación. [Na imaxe © Ecoloxistas en Acción]
O Consello da Cultura Galega celebra o 40º aniversario da súa creación. "Renovamos o compromiso do CCG coa defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, dos seus dereitos á cultura, do seu dereito e obriga de arrequentar e transmitir a herdanza cultural", salientou a súa presidenta, Rosario Álvarez, nun acto institucional no que participaron o presidente da Xunta, o presidente do Parlamento, autoridades e representantes da cultura galega e da sociedade civil.
Haberá folga indefinida no sector do metal da provincia de Pontevedra se non hai avances na negociación coa patronal. CIG, CCOO e UGT acordan na sexta xornada de folga deste venres suspender os paros previstos para os días 12 e 13 de xullo para instar o empresariado a volver debater as medidas do novo convenio. Se non hai cambios, a partir do día 18 iniciarán unha folga indefinida. [Fotografía da manifestación deste xoves en Vigo © CIG]
O BNG faise coas alcaldías de Ribeira e Muros. Os nacionalistas Luís Pérez e María Lago (na imaxe) recibiron o bastón de mando este venres en vilas ata agora gobernadas polo PP. En cambio, en Noia, outro dos concellos que non puideron constituírse o pasado 15 de xuño, o popular Santiago Freire conseguiu ser reelixido grazas ao apoio dos independentes de NO.IA.
As Leilía pregoarán as Festas do Apóstolo. Tras máis de tres décadas de andaina, as pandeireteiras están inmersas na súa xira de despedida e foron escollidas para o pregón polo "seu arraigo na cidade" como "parte do patrimonio musical, e polo tanto cultural, de Compostela e polo seu papel como pioneiras na recollida e posta en valor dunha tradición oral e musical baseada nas xuntanzas que facían as mulleres para se divertiren nas aldeas galegas". O Concello de Santiago presentou hoxe o programa do Apóstolo, no que destacan concertos coma os de Ángel Stanich, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, The Rapants ou Sarah Mccoy, entre outras bandas e artistas. Na imaxe, Pilar Lueiro, edil de Festas de Santiago, e Montse Rivera, de Leilía.
O PP retorna á presidencia da Deputación de Pontevedra dous mandatos despois. Luis López vén de ser elixido presidente da institución pontevedresa grazas á maioría absoluta lograda polos populares na institución cos resultados das pasadas eleccións municipais e despois de dúas presidencias consecutivas da socialista Carmela Silva en coalición co BNG. O popular asegura que se dispón a despregar "unha acción de goberno pensada para os concellos e polos concellos". Na imaxe, López ergue o bastón de mando na sesión constitutiva da corporación, celebrada esta mañá no Pazo Provincial. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
Unha conferencia organizada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, analiza este xoves na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas a seguridade ferroviaria na UE dez anos despois do accidente de Angrois. Baixo o título O accidente de Angrois, 10 anos despois: Temos avances en seguridade ferroviaria?, a conferencia contará con relatores como o director executivo da Axencia Ferroviaria Europea, Josef Doppelbauer, o director de Transporte Terrestre da Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte, Kristian Schmidt, e representantes das vítimas, entre eles o presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez. Na imaxe [CC BY-SA Praza.gal], participantes na conferencia, este mércores no hemiciclo da Eurocámara en Bruxelas con Ana Miranda. O máis destacado, este venres en Praza.gal.
23X | O CIS estima que Pedro Sánchez poderá revalidar a presidencia do Goberno de España para o PSOE tras o 23X á fronte dunha maioría de esquerda malia poder ser o PP a primeira forza do Congreso con ata 140 escanos. Os populares serían os máis votados co 31,4%, practicamente nun empate técnico co PSOE (31,2%). Sumar debutaría no Congreso como terceira forza co 16,4% por diante de Vox, co 10,6%. O BNG lograría o 1% dos votos sobre o total estatal (hai catro anos tivo o 0,5%), segundo o barómetro. Para as circunscricións galegas, o inquérito indica que o PP pode ter entre 8 e 12 escanos, o PSdeG entre 7 e 10, o BNG 2 ou 3 e Sumar, 2.
O avogado propietario do despacho coruñés dP Abogados, o lucense Xaime da Pena, confirma que pagou 40.000 euros pola propaganda da organización Desokupa -na imaxe- contra o Goberno do PSOE e Unidas Podemos en vésperas das eleccións xerais. Ratifícao en resposta ao xornal El Progreso, onde encadra a operación nunha acción de "marketing" e por ser "colega" do propietario da plataforma. Nega ser de ultradereita, se ben admite que "pode ser" que acabe sendo candidato de Vox.