O PP retorna á presidencia da Deputación de Pontevedra dous mandatos despois. Luis López vén de ser elixido presidente da institución pontevedresa grazas á maioría absoluta lograda polos populares na institución cos resultados das pasadas eleccións municipais e despois de dúas presidencias consecutivas da socialista Carmela Silva en coalición co BNG. O popular asegura que se dispón a despregar "unha acción de goberno pensada para os concellos e polos concellos". Na imaxe, López ergue o bastón de mando na sesión constitutiva da corporación, celebrada esta mañá no Pazo Provincial. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
