O Parlamento aproba por unanimidade o deseño dun plan galego para a prevención e acompañamento das persoas vítimas de violencias lgbtifóbicas no segundo aniversario do asasinato de Samuel Luiz. A proposta do BNG na Cámara promoverá ademais un plan de formación completo das e dos profesionais que interveñen nos procesos de "detección, denuncia, acompañamento e restauración" das vítimas destas violencias.
A moción defendida pola deputada nacionalista Iria Carreira tamén incluía desenvolver un plan galego de "educación sexo-afectiva de calidade dentro da ensinanza obrigatoria", que foi rexeitado polo PP. Centos de persoas lembraron a Samuel Luiz este luns en Riazor convocadas pola asociación Alas da Coruña [na imaxe, © Alas A Coruña].