23X | O PP asegura que se Feijóo goberna en España vai "asegurar a independencia e a obxectividade nos medios de comunicación públicos". Os populares inclúen esta promesa no seu programa electoral, presentado este martes, tras reiteradas críticas do ex-presidente galego a RTVE. Mentres, en Galicia, as protestas de persoal da CRTVG duran xa máis de cinco anos e as esixencias de cumprimento da lei de medios públicos van paralelas a diversos procesos xudiciais á corporación pública e á súa dirección por demandas de traballadores que, cando menos nun caso, xa culminaron nunha condena por represalias.
- AMPLIAMOS 👉 O PP promete recortar o dereito ao aborto, "revisar" a eutanasia e a fin da lei de memoria se Feijóo goberna en España
- A CRTVG sofre para convencer a xuíza de que non traslada persoal por represalias un ano despois da primeira condena
- A xustiza investiga a dirección da CRTVG por posible acoso laboral a unha traballadora
- Cinco anos de Defende A Galega: máis conflito e menos medo na loita contra a "manipulación" na CRTVG
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/8082783359-13663d9a4f-b-d0164da.jpeg)