Xa está en vigor a fin da emerxencia sanitaria pola COVID e o decaemento de todas as restricións que ficaban, nomeadamente a obriga de portar máscara en centros sanitarios. Tras a súa aprobación deste martes no Consello de Ministros, o Boletín Oficial do Estado publicou na mañá deste mércores a orde que o fai oficial, que deixa como recomendacións o uso de máscaras en "ámbitos de especial vulnerabilidade". Na imaxe, unha traballadora do Sergas no hospital de Ourense, durante a pandemia [CC BY-SA Sergas]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/uci-ourense-be906ad-a5a134d.jpeg)