O PP propón a Luis Menor como presidente da Deputación de Ourense. A xunta directiva provincial do partido en Ourense estivo este martes presidida polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e contou coa participación da secretaria xeral, Paula Prado. O alcalde do Pereiro de Aguiar, e número dous na lista do PP por Ourense ao Senado o 23X, será previsiblemente o substituto de José Manuel Baltar na institución. "Luis Menor é un home traballador e dialogante, cun currículum formidable e que destaca na palabra máxica da Deputación: a cooperación", sinalou Manuel Baltar. [Imaxe: CC BY-SA PPdeG]
