Unha conferencia organizada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, analiza este xoves na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas a seguridade ferroviaria na UE dez anos despois do accidente de Angrois. Baixo o título O accidente de Angrois, 10 anos despois: Temos avances en seguridade ferroviaria?, a conferencia contará con relatores como o director executivo da Axencia Ferroviaria Europea, Josef Doppelbauer, o director de Transporte Terrestre da Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte, Kristian Schmidt, e representantes das vítimas, entre eles o presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez. Na imaxe [CC BY-SA Praza.gal], participantes na conferencia, este mércores no hemiciclo da Eurocámara en Bruxelas con Ana Miranda. O máis destacado, este venres en Praza.gal.
- A Fiscalía retira a acusación contra o cargo de Adif e mantén a petición de catro anos de cadea para o maquinista de Angrois
- Eurodeputados de sete países, incluída a galega Ana Miranda, interésanse por eivas ferroviarias como as que a UE investiga tras Angrois
- HEMEROTECA | A Comisión Europea insiste: “España non levou a cabo unha investigación totalmente independente” do accidente de Angrois
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/photo-2023-07-05-18-08-22-d819d0e.jpeg)