Veciñanza e colectivos ecoloxistas simulan o enterro dos recursos pesqueiros da ría de Muros e Noia tras o visto bo da Xunta a que a mina de San Finx (no Concello de Lousame) evacúe as súas augas residuais ao río Pesqueiras. Convocadas pola plataforma de afectados pola mina de San Fin este sábado, centos de persoas reclamaron o Goberno galego que retire a súa autorización polo potencial "catastrófico" da operación. [Na imaxe © Ecoloxistas en Acción]
- +INFO | O xulgado de Noia abre dilixencias penais contra a mina de San Fix por suposto delito contra o medio ambiente
- HEMEROTECA | A Confraría de Noia tenta frear o vertido de 800.000 metros cúbicos de auga dunha mina autorizado pola Xunta
- HEMEROTECA | O futuro da mina de San Finx, en mans dunha empresa "opaca" que xera dúbidas sobre a xestión dos seus vertidos
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/f0girp2wiaaqw5i-09fa9b4.jpeg)