Íñigo Errejón, voceiro de Sumar no Congreso, dimite dos seus cargos e abandona a política entre acusacións por violencias machistas. Na carta na que anunciou a decisión afirma que chegou "ao límite da contradición entre o personaxe e a persoa". Sumar indica que ten aberto "un proceso para obter información" ao respecto e, paralelamente á aceptación da dimisión, agregan que aspiran a "unha sociedade e unha política feminista" e "iso require un compromiso firme en todos os ámbitos" [Imaxe: © Congreso]
