O Parlamento condena a agresión homófoba que causou o asasinato de Samuel Luiz e expresa o seu rexeitamento ante calquera forma de violencia e odio motivada pola orientación sexual ou a identidade de xénero. A Cámara acorda unha declaración institucional na que insta a "erradicar a LGTBIfobia e calquera forma de discriminación e odio, mediante políticas educativas, campañas de sensibilización e o apoio ás vítimas"; e traslada o seu apoio e solidariedade á familia e amizades do rapaz asasinado na Coruña en 2021, un xuízo que está a ter lugar agora.
