Feijóo lamenta que moitos mozos "opten por converterse en funcionarios sen vocación pública" para non "fracasar fóra da administración" e apela a ser "emprendedores". O ex-presidente e actual líder do PP logrou en 1991, cando xa era alto cargo, a condición de funcionario do corpo superior da Administración Xeral da Xunta, no que comezou a exercer con 24 anos inicialmente como interino, período no que foi membro da Asociación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos (Afica), coa que chegou a mobilizarse contra o Goberno tripartito (PSdeG-PNG-CG) en 1988 -na imaxe, recuperada pola CIG en 2012 nun boletín no que tamén destacaba que o daquela presidente non chegara a tomar posesión da praza-.
