O Goberno de España rebaixa as maiorías para elixir o Consello de Administración de RTVE, cuxos membros poderán ser nomeados por maioría absoluta do Congreso se en primeira votación non se logra a maioría reforzada de dous terzos. O novo consello, indica o ministro Óscar López, terá 15 membros (agora son 10), 11 elixidos polo Congreso e 4, polo Senado (agora son 6 e 4). Substituír a maioría reforzada pola absoluta para evitar "bloqueos" é unha das intencións expresadas pola Xunta e o PP na reforma que ten en marcha na CRTVG, nomeadamente para elixir a dirección xeral. A diferenza entre ambas corporacións é que, coa actual composición dos parlamentos, os socios do Goberno de España seguirán obrigados a pactar con outros grupos o consello de RTVE e, na Cámara galega, abondará cos votos do PP para nomear a dirección xeral dos medios públicos. [Imaxe: © RTVE]
- AMPLIAMOS 👉O Goberno de España baixa a maioría para elixir cargos en RTVE ao nivel que porá a Xunta na CRTVG
- A desconexión gobernamental da CRTVG, desactivada tras trece anos no conxelador
- HEMEROTECA | A secretaria de Medios da Xunta de Feijóo fiscaliza agora a RTVE con máis dun milleiro de preguntas
- HEMEROTECA | Feijóo exixe a Sánchez "despolitizar" RTVE tras pedir o persoal da CRTVG auxilio por anos de "manipulación"