Santiago acolle entre o luns e o xoves a European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024), un evento organizado polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) que debate os principais avances rexistrados neste campo de investigación. No encontro, no que participan máis de 1.600 persoas, abordarase o deseño de políticas de investigación en IA éticas e fiables para Europa.
