Antón Riveiro Coello, Maggie O’Farrell e Alejandro Zambra gañan a XXVIII Premio Literario San Clemente, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago coa colaboración da Xunta. Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello (Galaxia) acadou o galardón na modalidade de novela en galego; Literatura infantil, de Alejandro Zambra (Anagrama), gañou na categoría en lingua castelán, e El retrato de casada, de Maggie O’Farrell (Libros del Asteroide) foi distinguida como novela internacional.
