O incendio forestal de Herbón, en Padrón, xa queimou unhas 100 hectáreas. Comezou na tarde deste venres, marcada polas altas temperaturas, e segundo Medio Rural a primeiras horas desta mañá continuaba activo, pero cunha "evolución favorable". A Consellería non informa de máis focos, o que non implica necesariamente que non existan, senón que -caso de existiren- non cumpren os criterios da súa política informativa por non superaren as 20 hectáreas ou non atinxir a espazos habitados ou protexidos. Nas imaxes, vistas do incendio ao longo da tarde do venres [CC BY-NC-SA Praza.gal]