As temperaturas superaron este venres os 38 graos en Ourense e os 37 en puntos do sur de Pontevedra, como Salvaterra do Miño ou Ponteareas. En Santiago os termómetros superaron os 35 graos, en Vigo os 34 e mesmo na Coruña pasaron dos 30. Para este sábado espéranse valores semellantes na maior parte do país, con alerta amarela por calor no Sur de Lugo, Valdeorras, Baixo Miño e o val do Miño en Ourense.