A ex-socialista que chegou a concelleira en Lugo pola morte dun compañeiro amosa a súa disposición a entregar a alcaldía ao PP. Tras varias semanas a negalo María Reigosa bríndase nunha entrevista con La Voz de Galicia a virar en tránsfuga para dar o seu voto a unha moción de censura encabezada pola popular Elena Candia que desbanque o goberno de PSdeG e BNG. A última vez que o PP logrou nas urnas maioría para gobernar o Concello lucense foi en 1995. Na imaxe, Reigosa nun vídeo da candidatura do PSdeG de Lugo para as municipais de 2023.
- AMPLIAMOS 👉 A ex-socialista que chegou a edil en Lugo pola morte dun compañeiro bríndase a dar a alcaldía ao PP
- CRÓNICA | Outros doce máis un en Lugo: a tentación da censura
- HEMEROTECA | Freo xudicial a que os tránsfugas logren novos cargos e soldos: anulada a operación de Sada en 2022
- HEMEROTECA | Cacharro: o PP volve ler o 'Evanxeo segundo San Marcos' do que renegou
- HEMEROTECA | Lugo, a gran batalla electoral da memoria