Unha manifestación rexeita en Santiago as "ameazas de agresión militar contra Cuba" por parte dos EUA e esixe a fin da "asfixia económica, enerxética e financeira" á illa baixo o lema Deixade vivir a Cuba. A mobilización, convocada pola asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, contou co apoio de diversas organizacións políticas, sociais e sindicais, entre elas o BNG, EU ou a CIG. [Imaxe: CC BY-NC-SA BNG]