Fin da andaina do Celta na Europa League nesta tempada tras caer por 1-3 ante o SC Freiburg no partido de volta dos cuartos de final da competición nun estadio de Balaídos ateigado e entregado ao conxunto celeste. Tras o encontro a bancada viguesa agradeceu con amplitude ao plantel do equipo a súa actuación na competición europea e no conxunto da temporada. [Imaxe: © RC Celta]