Pedro Sánchez confirma que o Consello de Ministros aproba hoxe o Real Decreto da regularización de persoas migrantes: "É, ante todo, un acto de normalización e de xustiza coa nosa propia historia", defende o presidente do Goberno de España nunha carta aberta divulgada a través das redes sociais, na que salienta que o proceso implica "que quen forma parte xa da nosa vida cotiá o faga en igualdade de condicións" con "dereitos e obrigas". Calcúlase que unhas 8.000 persoas en Galicia se poden beneficiar dunha regularización que, alén do Goberno de España, ten un amplo apoio de organizacións políticas, sindicais, sociais e mesmo da Igrexa católica fronte ao rexeitamento do PP e Vox, entre outros. Na imaxe, un barrio da Coruña con ampla presenza de poboación de orixe estranxeira.
- A regularización de migrantes atinxe unhas 8.000 persoas en Galicia: "Vivían na indefensión"
- DATOS | As que traballan: radiografía das migrantes que xa son piar do emprego en Galicia
- HEMEROTECA | Rueda alenta a acusación de que migrantes sen dereito a voto poden alterar as eleccións
- HEMEROTECA | Un paseo polas rúas máis mestizas da Galicia urbana: "En realidade, son todos de aquí"