Julius Johansen (UAE) gaña a crono inicial de O Gran Camiño e convértese no primeiro líder da edición 2026 da proba. O dinamarqués foi o máis forte nun esixente percorrido polas rúas da Coruña con comezo e final na Torre de Hércules e superou os lusos Rafael Reis e Nelson Oliveira. Nordhagen foi 4º a 28 segundos e Yates 6º a 40 segundos. O limiao Carlos Canal finalizou en 18ª posición. Este mércores córrese a segunda etapa, entre Vilalba e Barreiros (148.6km).