José Precedo gaña o XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. Precedo recibirá o premio en Pontevedra o vindeiro sábado 9 de maio, nun acto que se celebrará na Casa Consistorial. Precedo, xornalista galego de eldiario.es, defendeu o dereito ao segredo xornalístico ante o Tribunal Supremo no caso que afectou ao Fiscal Xeral Álvaro García Ortiz.