O Goberno de España declarará o Vello Cárcere de Lugo como Lugar de Memoria Democrática. O delegado gobernamental en Galicia, Pedro Blanco, confirma o inicio do expediente ao alcalde lucense, Miguel Fernández, que formalizara a petición o pasado 2025. Unirase así ao Pazo de Meirás, á Illa de San SImón e á cidade de Ferrol nunha declaración ao abeiro da Lei de Memoria á que tamén aspiran outros espazos significativos no noso país.