O Dépor disponse a corrixir o topónimo na denominación do club para asumir á fin a oficial, A Coruña, segundo avanzou a pasada noite o programa A Penaltis da Radio Galega. A fin da anomalía toponímica do Deportivo vén sendo impulsada pola campaña da exitosa iniciativa Aquí tamén se fala, promovida dende o instituto público Rafael Dieste con amplísimo eco en múltiplos sectores da cidade e mesmo tamén fóra dela. [Imaxe: ATSF]
- AMPLIAMOS 👉 O Dépor corrixe a anomalía do topónimo e será da Coruña
- HEMEROTECA | "Da Coruña": a anomalía no topónimo do Deportivo albisca o seu fin
- HEMEROTECA | Sen pancarta e sen resposta: a campaña polo topónimo oficial no Deportivo segue á espera do club
- HEMEROTECA | O Dépor xa é "da Coruña" para o Concello: a terceira rolda perde o 'L'