O PSdeG alerta do "bloqueo institucional do PP " no consello de administración dos medios públicos tras "sete meses sen cubrir" a vacante deixada pola anterior representante da formación neste órgano da CSAG -antiga CRTVG-, que "hoxe funciona de xeito incompleto, sen o equilibrio que lle corresponde, o que debilita aínda máis a súa escasa independencia", considera a vicesecretaria e vicevoceira parlamentaria do partido. Lara Méndez reclama, asemade, apoio ao BNG para non ser "cómplice" dun "bloqueo que non prexudica a un partido, senón a todos os galegos e galegas".
- HEMEROTECA (xaneiro 2026) | Os medios públicos fan medio ano co seu Consello de Administración en funcións
- HEMEROTECA | O PSdeG pide á Comisión Europea comprobar se a CRTVG "respecta os estándares" de "liberdade" e "información plural"
- HEMEROTECA | Feijóo lanza unha investigación contra RTVE tras oito anos de protestas nos medios públicos galegos