A folga no gran comercio téxtil e do calzado contra o preacordo de convenio estatal pecha as tendas das principais grandes superficies e rúas comerciais en Galicia. O persoal mobilizado, convocado por CIG e UGT, denuncia o empeoramento das condicións laborais e reclama a vixencia dos convenios provinciais fronte ao pacto asinado pola patronal ARTE, CCOO e Fetico.