O 'número dous' do PP na provincia de Lugo alenta unha moción de censura no Concello lucense que precisaría o voto tránsfuga da edil que chegou á corporación pola morte dun concelleiro do PSdeG no goberno local. Javier Vázquez Nodal, secretario xeral dos conservadores de Lugo e tamén director territorial da Consellería de Presidencia na provincia, declara nunha entrevista con El Progreso que esa operación estaría "máis que xustificada" e admite "contactos" da formación que encabeza Elena Candia coa concelleira ex-socialista María Reigosa. Na imaxe, Nodal e Candia nunha conferencia de prensa recente [© PP]