A Fiscalía require ao Concello da Coruña información sobre o incumprimento da Lei de Memoria ao non retirar símbolos e honras ao franquismo. Pídelle un informe sobre as actuacións realizadas ou as razóns do incumprimento legal, segundo advirte a CRMH da Coruña. O informe encargado polo Concello ao Instituto José Cornide insta a "retirar o nome da vía pública e os honores concedidos" a 14 persoas, entre eles Barrié, Alfonso Molina ou Peñamaría de Llano.