O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza que ilegalizou a cidade deportiva do Celta en Mos. O TSXG rexeitou os recursos interpostos polo Concello e mais o Celta e confirmou a resolución xudicial que condenou á Administración municipal demandada a incoar, tramitar e resolver en prazo un expediente de revisión de oficio da licenza de obra outorgada en novembro de 2018 por este consistorio ao Celta para a execución dun campo de fútbol dobre cun aparcamento. [Na imaxe, o propietario do Celta e a alcaldesa de Mos visitando hai tres anos as obras da primeira fase do proxecto que se executaron con licenzas ilegais © Real Club Celta SAD]
