Pontón pide a Sánchez que execute o acordo de investidura: “Non é tempo de escusas, é tempo de cumprir con Galiza”, subliña no Consello Nacional . A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou que o 9X pecha un ciclo electoral que consolida ao BNG como unha forza política á alza que está no mellor momento da súa historia e que, en contra de todas as voces “agoireiras interesadas”, as urnas volveron dicir que non ten teito.
